O NOSO COLE

Os nenos de uganda no noso cole
En novembro do 2 010 chegaban á nosa cidade acompañados pola, irmá Gertrude, relixiosa ugandesa: Yunusu Baseke, Emmanuel Bulega e Fred Wambi, para ser operados.
Viviron con nós experiencias que sen dúbida para eles serán inesquecibles nas súas vidas. En primeiro lugar, e grazas a ONG “CIRUJANOS DEL MUNDO”, recuperaron a saúde, algo fundamental para calquer ser humano.
Contemplaban con abraio o feito de abrir unha billa e que saira auga ou acender e apagar luces…
Vímolos algunha vez no colexio “Divino Maestro”, e o que verdadeiramente nos engaiolou a todos foi o pequeno Fred, pois tiña un encanto especial, era todo expresividade, usaba palabras entremesturadas en español, lusoga, inglés, galego e a fermosa linguaxe dos acenos que el tan ben sabía utilizar e conseguía facerse entender.
Fred naceu en Kamuli, un poboado a uns 30 km de Kampala, compartiu pupitre cos máis pequenos, ao igual que ocurriu con Ambrose Nuwarinda, pisou aquí por primeira vez o cole. Viña feliz, espertaba cedo cada día, porque non quería perder de vir ao cole ningún día. ¡Que ilusión lle facía poñerse o mandilón ou o chándal coma os demais…!
A historia de Fred e da súa familia, foi algo cercano para os pais, os alumnos e os profesores. Todos puidemos ver por fotos a choza na que viven, as condicións nas que se desenvolven…Todo esto foi motivo dunha campaña de solidariedade con esta familia. Recaudáronse 1 155 € no mes de febreiro, unha parte foi dedicada a comprarlles unha vaca á familia, para poderen ter leite; e tamén para o material inicial que precisaban para ir á escola: uniformes, camisas, zapatos, cepillos, crema, colchóns…
Digamos que desde aquí, todos nós, colaboramos activamente para que esta familia poida ter unha vida máis digna… A mediados de agosto un grupo de amigos da ONG visitará en Uganda a todos os nenos que pasaron por Lugo e tamén á familia de Fred, e alí verán feita realidade a nosa axuda.
Dende mediados do mes de maio: Fred, unha irmá e un irmán están internos cerca de Kampala, no mesmo cole que está Ambrose Nuwarinda. Esto é posible, grazas á xenerosidade dalgunhas familias de Lugo, que están colaborando para que estes nenos o día de mañá poidan ter un futuro mellor.
A todos os que sentimos “máis ledicia en dar que en recibir”, GRACIÑAS, e a todos os que nos fixestes chegar a vosa axuda en favor de Fred e da súa familia ¡¡¡GRACIÑAS!!!
Mª Teresa Rodríguez Pol- (revista escolar “O VOCEIRO”)






